xoves, 22 de decembro de 2022

X CONCURSO DE POSTAIS DE FELICITACIÓNS DE NADAL IES VALLE-INCLÁN







Hoxe, 22 de decembro, o director, Daniel Mejuto, a coordinadora do EDLG e a Xefa do Departamento de Educación Plástica e Audiovisual, membros do xurado do X Concurso de Postais de Felicitacións de Nadal fixeron entrega do 1º premio, 2º premio, 3º premio e mención especial ás postais gañadoras. Moitos parabéns ás alumnas gañadoras!


1º premio Inés Reyes Lareiro 1º BACH B



2º premio Daniela Penido Villar 2º ESO A





3º premio Carla Fontenla Curra 2º ESO A


Mención especial para Irene Caldelas Carracedo 3º ESO A


As postais participantes foron expostas na entrada do centro










luns, 19 de decembro de 2022

AGASALLA UN CONTO!



O EDLG, o Departamento de Educación Plástica e Audiovisual e a coordinadora do Equipo de Biblioteca organizan unha actividade para agasallar o alumnado. O alumando atopou na biblioteca caixiñas de agasallo que contiñan o mellor dos regalos: un conto doutro/a compañeiro/a do centro. BO NADAL!








mércores, 7 de decembro de 2022

COMER E FALAR TODO É COMEZAR

DITONGOS E HIATOS NOS ALIMENTOS

Os alumnos e as alumnas de 2º ESO-A realizan unha actividade encadrada no proxecto de Dinamización da Lingua Galega desde a materia de Lingua Galega e Literatura que consiste en explicar os ditongos e os hiatos ademais de coñecer o léxico dos nosos alimentos.