venres, 25 de novembro de 2022

"ALAS E ONDAS RENDIDAS E NACENDO" PARA CONMEMORAR O DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER







As alumnas Antía García, Olivia Gómez, Carmen Fariña , Berta Moldes e Sofía Rivas de 3º ESO A recitan no noso centro nunha actividade levada a cabo pola profesora de Música, María de los Santos Gago, en colaboración co equipo de normalización lingüísta o poema "Alas e ondas rendidas e nacendo" de Xohana Torres para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.




CARTEIS PARA CONMEMORAR O 25-N DÍA INTERNACIONAL DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

Toda a comunidade educativa pode gozar dos carteis feitos polo alumnado de 4º ESO coa profesora Alba Fuentes.



25-N DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES





O alumanado de 4º ESO da materia de TIC participa no concurso de elaboración de carteis para conmerar o 25 N Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres organizado pola profesora Alba Fuentes en colaboración co equipo de Dinamización lingüística. Aquí temos unha mostra dos carteis seleccionados

                                     Lola de la Torre 4º ESO-A


                                                                                                                                               Carlota Pérez 4º ESO A


                                                      
                                                         Nieves Pérez 4ºESO A


                                               Alejandra Dalia 4º ESO D


                                                   
                                                                    David García 4º ESO D
                                                                           

                                                    
                                          Claudia Heredia 4º ESO D

        
                                                           
                                                                   Erika Flores 4º ESO D                       


              
                                                 
                                                        María Lorenzo 4º ESO D




xoves, 24 de novembro de 2022

VISITA DE SANTIAGO LOPO, AUTOR DE A ARTE DE TROBAR; "NON SEMPRE PODEN GAÑAR OS MALOS"

Hoxe recibimos a visita do escritor Santiago Lopo co que o alumnado de 1º BACH puido intercambiar impresións sobre a lectura de A arte de trobar: Canto tardou en escribir a novela? Como se documentou o autor? De onde vén o nome de Isahort? Foi escrita pensando nun lector ou nunha lectora escolar? Cal é a situación actual da langue d'oc? Como encontra un escritor inspiración?...Os rapaces e rapazas formuláronlle estas e outras cuestións ao escritor co que conversaron animadamente e, deseguido, asinoulles exemplares da novela.
Grazas, Santiago, unha mañá moi amena e unha lectura enriquecida. Quedamos cunha frase: "NON PODEN GAÑAR OS MALOS"







domingo, 20 de novembro de 2022

OS NOSOS E AS NOSAS ARTISTAS

Como o ourizo do poema de Manuel María, a rapazada do noso centro está moi leda e coas castañas na man anda moi reiseira.



O OURIZO
Os soños na gaiola
Manuel María

Co seu ouro vermello mol,
o ourizo ouriceiro
toma o sol
no bico dun castiñeiro.

Tal un señor moi mandón:
no bico dun castiñeiro
o ourizón
toma o sol moi riseiro.

O ourizo está moi ledo
coa súa casa ben pechada
-ouh, que medo!-
de espiñas toda cercada.

Quer botar unha risada
e os seus dentes arregaña
case un nada:
e xa fuxiu a castaña...!

sábado, 19 de novembro de 2022

Con motivo da celebración do magosto, Rodrigo Mouriño de 1º ESO A mais Sara Martínez e Candela Mandayo de 1º ESO C, nunha actividade realizada pola profesora de Música María de los Santos Gago en colaboración co equipo de Dinamazación da Lingua Galega, recitan o poema "O ourizo" do poeta Manuel María.



AS CASTAÑAS

MAGOSTO E XOGOS TRADICIONAIS

POETAS DO MAGOSTO



                O MAGOSTO 

       Co outono posto 
chegou o magosto
para coller castañas
subirei ás montañas .         

Do frío de novembro 
non me lembro,
se como castañas 
cocidas ou asadas.

Castaña quentiña,
quéntame a cariña!
Castañas bonitiñas,
quéntademe as maíñas!
 
Claudia González Gómez

                                                                                                  

A CHEGADA DO OUTONO

O verán afástase, 
as castañas quéntanse
e o outono achégase.

As castañas estanche boas,
mellores quentes.
Un bo magosto sempre apetece.

Unha alfombra de follas
marrón e amarela,
cargada delas.

Alberto Crespo Freiría

 

O MAGOSTO

Castañas, castaniñas,
pequenas e marronciñas,
cociñadas con amor,
acabadas de sacar
que saborosas están!

Aos xogos do magosto
temos que xogar,
tradición e ilusión,
hai que gozar!

Alexandre Martínez Pires



POEMA DO MAGOSTO

É a hora do magosto,

a xogos populares imos aprender a xogar

e moitas castañas imos probar.

De cor cambiarán as follas co son do ar

e dentro dun anaco a súa beleza caerá.

Os nenos sairán fóra xogar

e as rúas silenciosas alegrarán.


Celia Rodríguez Seoane 1ºB


mércores, 2 de novembro de 2022


Clara Prado, alumna de 1º BACH B, con motivo do Día das bibiotecas, escribe un emotivo relato:

QUE É PARA  MIN UNHA BIBLIOTECA?

Creo que o meu primeiro libro mo regalaron nada máis nacer, "O libro do bebé", para rexistrar os momentos máis importantes do meu primeiro ano de vida, e viña cunha caixiña para gardar pequenos recordos.

Na casa, meus pais xa tiñan as súas respectivas minibibliotecas cos seus libros favoritos. A do meu pai ten a colección de libros de ciencia ficción de Isaac Asimov, Fundación. A colección da miña nai é máis eclética. Entre os seus libros preferidos está a saga Os fillos da terra de Jean M. Auel, pola que me houben chamar  Ayla, como a súa protagonista. Está a serie Wilt de Tom Sharpe (escoitámola desde calquera parte da casa, cando o volve reler, ríndo ás gargalladas). Tamén pasou pola moda da novela erótica, Cincuenta sombras de Grey, e agora pasou ao libro electrónico.

Nos meus aniversarios sempre había un libro como de agasallo e, polo Nadal ou lle tocaba a Papá Noel ou aos Reis Magos traerme un libro.

Ao comezar na gardería había un espazo reservado para os libros infantís coas cores, as formas, sons de animais e, os que máis me chamaban a atención, os Pop-up, libros móbiles e despregábeis con sorpresas. Tranquilizábame moito sentar aí porque me lembraba a miña nai lendo no sofá da casa.

No meu colexio de primaria había unha biblioteca que, ao facer os nove anos, xa podías encargarte do préstamo de libros a resto de alumnos, facendo de bibliotecaria. Pasei o curso enteiro de 4º EP, non esaxero nin un pouquiño, sen pisar o patio do recreo, porque pasaba, literalmente, todos os recreos na biblioteca do centro.

 Por suposto, teño o carné da Biblioteca Pública de Pontevedra, alí descubrín unha das miñas series favoritas infantís: a colección de Junie B. Jones. Todas as noites riamos miña nai mais eu lendo esas historias.

Tamén gocei das actividades que organizaba a biblioteca: sesións de contacontos, talleres de origami e o concurso de postais de Nadal.

 No Salón do Libro no Pazo da Cultura non perdei a sinatura de exemplares por parte dos escritores e escritoras. Teño os libros de Escarlatina, a cociñeira defunta, asinados por Ledicia Costas e os libros de Os Megatoxos asinados por Anxo Fariña.

En 6º EP, cando nos levaron de visita ao IES Valle-Inclán, namoreime da súa biblioteca e nese momento decidín que sería o meu instituto, no canto do que teño preto da casa.

Coas bibliotecas da miña vida pódese ver o moito que significa para min, o moito moito que me transmiten; fanme sentir preto das persoas que quero. Transmítenme tranquilidade e son espazos máxicos que me transportan a mundos exóticos e a vivir experiencias cheas de misterio e terror. Proporciónanche a oportunidade de atopar aquel libro que cambie a túa vida, aquela frase que logre emocionarte, aquel texto que explique a natureza humana ou que faga que nos preguntemos polo universo infinito. Son as gardiás dos tesouros literarios que explican o mundo.

"Se preto da biblioteca tedes un xardín, xa non vos faltará de nada", dicía Cicerón.