luns, 27 de novembro de 2023

O ALUMNADO DE 1º BACH ACODE AO TEATRO PRINCIPAL PARA FALAR CON IGNACIO VILAR SOBRE AS ORIXES DO TEATRO GALEGO






mércores, 21 de xuño de 2023

Dentro do proxecto de Dinamización da Lingua Galega "Comer e falar todo é comezar" o Departamento de Francés e o EDLG coa colaboración da Deputación de Pontevedra publican un receitario francés-galego con receitas recollidas polo alumnado de francés.

QUE SABOROSO!











xoves, 18 de maio de 2023



DÍA DAS LETRAS GALEGAS 17 DE MAIO

2023

FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO

       

O noso alumnado coñece a Pontevedra sentimental de Francisco Fernández del Riego e fai a súa propia Pontevedra sentimental: A PONTEVEDRA SENTIMENTAL DO IES VALLE-INCLÁN





xoves, 27 de abril de 2023

IMOS BAILAR!




O alumnado de 3º ESO participou nun obradoiro de danza tradicional impartido polo profesor Gabi Reboredo da Asociación Trepia coordinado polo Departamento de Música e o EDLG








xoves, 20 de abril de 2023

O chef Pepe Solla visita o IES Valle-Inclán como actividade do proxecto do EDLG "Comer e falar todo é comezar" organizada por este e polo Departamento de Ciencias Naturais , e fala co alumnado acerca da relación entre a ciencia, as mateirias curriculares e a nosa gastronomía. Asemade a rapaza ten no chef un referente en lingua galega.






















venres, 31 de marzo de 2023



CLAUSURA DO MES DA POESÍA

Un grupo de alumnas de diferentes cursos e o profesor de Lingua Galega e Literatura e poeta Antón Blanco Casas nunha actividade organizada polo Departamento de Música a cargo da profesora María de los Santos Gago cos seus arranxos tamén ao piano e a coordinadora do EDL, Teresa Vázquez, realizan unha actividade na biblioteca do centro para despedir como se merece a poesía. En palabras de Cunqueiro: mil primaveras máis para a lingua e a poesía!











                                                                   



                                                                       





martes, 21 de marzo de 2023

21 DE MARZO DÍA MUNDIAL DA POESÍA


Chega a primavera e chegan as andoriñas que traen a poesía! O noso alumnado conmemora o Día Mundial da poesía ilustrando poemas dos nosos/as auotes e autoras e traducíndoos ao francés en colaboración cos profesores Elisabete de Carvalho e Kevin Djourdem.





    













mércores, 8 de marzo de 2023

CONMEMORACIÓN DO 8M DÍA INTERNACIONAL DA MULLER


O alumado de 1º de Bacharelato traballa o sexismo da fraseoloxía demostrando que responde a unha visión patriarcal que non se corresponde coa realidade.






martes, 31 de xaneiro de 2023

“Gastronomia e Língua” IES Valle Inclán de Pontevedra


ENTREVISTA DE JOSÉ MANUEL GARCÍA NO PROGRAMA COMER E FALAR DE SI RADIO AO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA DO NOSO CENTRO

O pasado domingo 29 de xaneiro emitiuse en Si Radio no programa Comer e falar todo é comezar a entrevista feita por José Manuel García á coordinadora de Dinamización da Lingua Galega, ás alumnas Ángela Lago e Claudia Veiras e ao alumno Francisco Penhalver de 1º de Bacharelato sobre o proxecto gastronomía e lingua que se está a levar a cabo no noso centro.

domingo, 29 de xaneiro de 2023

José Manuel García anuncia a entrevista á coordinadora de Dinamización da Lingua  Galega, Teresa Vázquez, e ao alumno e ás alumnas de 1º de BACH, Ángela Lago, Fran Penhalver e Claudia Veiras, o domingo 29 de xanerio ás 13.00 h no programa Comer e falar todo e comezar de Si Radio.


O noso proxecto de dinamización da lingua galega no programa Comer e falar todo é comezar de Si Radio.



luns, 16 de xaneiro de 2023

O galego tamén noutros mundos



Pensas que o galego só se fala dentro das nosas fronteiras?
Cres que o galego só se estuda en Galicia?
Consideras que escritores doutras linguas escolleron o galego para a súas propias composicións?
Sabías que hai escritores galegos que foron traducidos a outros moitos idiomas?
Vén visitar a exposición O galego tamén noutros mundos e averiguarás a resposta!







xoves, 22 de decembro de 2022

X CONCURSO DE POSTAIS DE FELICITACIÓNS DE NADAL IES VALLE-INCLÁN







Hoxe, 22 de decembro, o director, Daniel Mejuto, a coordinadora do EDLG e a Xefa do Departamento de Educación Plástica e Audiovisual, membros do xurado do X Concurso de Postais de Felicitacións de Nadal fixeron entrega do 1º premio, 2º premio, 3º premio e mención especial ás postais gañadoras. Moitos parabéns ás alumnas gañadoras!


1º premio Inés Reyes Lareiro 1º BACH B



2º premio Daniela Penido Villar 2º ESO A





3º premio Carla Fontenla Curra 2º ESO A


Mención especial para Irene Caldelas Carracedo 3º ESO A


As postais participantes foron expostas na entrada do centro