xoves, 15 de febreiro de 2024

EXPOSICIÓN ROSALÍA, COMA TI



Do 13 de febreiro ao 6 de marzo podedes visitar a exposición Rosalía, coma ti para coñecer o lado máis actual desta escritora atemporal. Está composta por 16 paneis que mostran unha Rosalía valente, innovadora e feminista que loita a prol da normalización da nosa lingua. O departamento de Lingua Galega e Literatura en colaboración co EDLG fará visitas guiadas co alumnado a esta exposición que se atopa no andar 0 do instituto.

Na seguinte ligazón podedes ver os paneis da exposición:


Ningún comentario:

Publicar un comentario