1º BACHARELATO VAI AO TEATRO!
O noso alumnado de 1º BACH acode ao Teatro Principal da cidade para ver a representación de O dragón de Ouro de Sarabela Teatro. Todo un luxo!
Unha noite nalgún lugar de Europa a un inmigrante chinés comeza a doerlle unha moa na cociña do restaurante de comida rápida O dragón de ouro. Non ten permiso de residencia nin cartos e non pode ir ao dentista e os seus compañeiros deciden arrincarlla. Mais este non é o maior dos seus dramas, pois non consegue atopar súa irmá desaparecida. Que sucedeu co rapaz? lograron arrincarlle a moa? Haberá que preguntarlle ao noso alumnado. Una reflexión sobre a situación da xente inmigrante en Europa.