luns, 13 de maio de 2024
mércores, 24 de abril de 2024
xoves, 18 de abril de 2024
xoves, 21 de marzo de 2024
luns, 26 de febreiro de 2024
23-F DÍA DE ROSALÍA
ROSALÍA COMA TI
O ALUMNADO DE 1º BACH-B, A ALUMNA CARMEN FARIÑA DE 4º ESO-C E ANTONIO AQUINO, NADIA DOMÍNGUEZ, DAVID FERNÁNDEZ, PAULA MOLDES E LUCÍA PINTOS DRAMATIZAN NA BIBLIOTECA DO CENTRO PARA O ALUMNADO DE 1º ESO TEXTOS DO PRÓLOGO DA OBRA DA AUTORA LA HIJA DEL MAR E DE LAS LITERATAS MOSTRANDO QUE ROSALÍA FOI UNHA FEMINISTA COMA TI, COMA NÓS QUE LOITOU POLOS DEREITOS DAS MULLERES E, ESPECIALMENTE, POLOS DAS MULLERES ESCRITORAS.
Para ver un fragmento da actividade preme na seguinte ligazón:
Cantar a Rosalía de Castro supón unha enorme responsabilidade. Mergullarse na súa poética para facela propia pode parecer unha ousadía, pero o que supón a súa voz para o sentir de noso, da mocidade de hoxe en día lexitima a temeridade.
A nosa homenaxe despois de achegarnos a ela é mostrar que
Rosalía é coma min, coma ti, coma nós porque a súa universalidade, a súa
empatía, a súa humanidade e o seu sentir como muller galega supera as barreiras
do tempo de das xeracións.
Rosalía de Castro é o maior crisol que posuímos, a súa obra,
a súa vida, o seu pensamento, o seu ollar son a alma enteira de Galicia. Seguir
afondando no seu legado é medrar como pobo, é apuntalar a lingua.
Un 24 de febreiro de 1837 nacía en Santiago
de Compostela Rosalía de Castro.
Deixounos un extenso legado encabezado pola
súas obras, Cantares Gallegos e Follas Novas, pero
ela era moito máis.
O seu nacemento marcou a súa vida. Filla de nai solteira, á rapaza despois déuselle por escribir. Ese oficio exclusivo de homes, mal visto para as féminas da época. Casou co historiador Manuel Murguía as acusacións non tardaron en chegar: “Se dice muy corrientemente que mi marido trabaja sin cesar para hacerme inmortal”, escribía.
Na
súa pouco coñecida prosa, a
escritora era unha abandeirada do feminismo. O prólogo de La hija del mar, un dos seus
libros más intimistas, supón todo un alegato de empoderamento feminino e
reivindicación.
"Porque
todavía no les es permitido a las mujeres escribir lo que sienten y lo que
saben”, afirmaría no texto, publicado en 1859
“Son libre”
“Cuando
los señores de la tierra me amenazan con una mirada, o quieren marcar mi frente
con una mancha de oprobio, yo me río como ellos se ríen y hago, en apariencia,
mi iniquidad más grande que su iniquidad. En el fondo, no obstante, mi corazón
es bueno; pero no acato los mandatos de mis iguales y creo que su hechura es
igual a mi hechura, y que su carne es igual a mi carne. (…) Yo soy libre. Nada
puede contener la marcha de mis pensamientos, y ellos son la ley que rige mi
destino”.
Rosalía escribiu estas palabras en Lieders, un texto publicado en 1858. Tiña 21 anos
e o seu discurso precoz, crítico e feminista xa
quedou plasmado nesa gran declaración de intencións. Foi pionera do feminismo
literario en España e Portugal.
“El patrimonio de la mujer son los grillos de la esclavitud”,
analizaba Rosalía no mesmo texto.
"Las literatas. Carta a Eduarda." é un artigo
escrito en 1865 por Rosalía. O texto é un
ensaio en forma de carta ficcional escrita en nome de Nicanora que vai dirixida
a outra personaxe de nome Eduarda.
DESEGUIDO A RAPAZADA RECITA POEMAS DOUTROS POETAS QUE FALAN DA AUTORA OU NOS QUE HAI INTERTEXTUALIDADE COS PROPIOS POEMAS DE ROSALÍA TRABALLANDO, ASÍ, O CONCEPTO DE METAPOÉTICA
Rosalía de Castro é a voz dos galegos e galegas emigrantes,
a voz da dor colectiva e dun pobo abandonado á súa sorte, que ela coñece ben
porque a emigracióné tamén a súa
traxedia persoal.
Rosalía evoca esta cruel circunstancia: os
seus compatriotas, os seu irmáns atópanse alén mar, moitos deles sen as súas
familias, tratando de forxar un futuro digno.
O poeta Francisco Álvarez-koki recolle os versos
de Rosalía porque o sentimento non cambia perante a emigración ancorada no
tempo.
Roslía de Castro
Francisco Álvarez-koki
Lorca
escribiu seis poemas en galego. O quinto poema foi escrito como resultado da
visita que fixo á tumba de Rosalía nunha das súas viaxes a Galicia en 1932.
El poema de Lorca xustapón a peregrinaxe a
Santiago de Compostela coa súa propio peregrinaxe á tumba de Rosalía. Lorca
apela a Rosalía para que esperte e con ela emerxa una nova vida para Galicia.
Canzón de cuna pra Rosalía Castro, morta
¡Érguete, miña amiga,
que xa cantan os galos do día!
¡Érguete, miña amada,
porque o vento muxe, coma unha vaca!
Os arados van e vén
dende Santiago a Belén.
Dende Belén a Santiago
un anxo ven en un barco.
Un barco de prata fina
que trai a door de Galicia.
Galicia deitada e queda
transida de tristes herbas.
Herbas que cobren teu leito
e a negra fonte dos teus cabelos.
COMA TI, ROSALÍA
Diante do espello
vin agocharse as tebras
negras
ferintes
que tantas veces soterraron
os recordos
e esgazaron a memoria.
As sombras sen rostro
congregáronse
arredor das túas bágoas,
Rosalía,
e co vento chegaron novas palabras
que silenciaron o desexo de chamarte.
Mais eu sigo vendo nese espello
os teus ollos de loito
e sinto que a gorxa
se enche de area
cando quero pronunciar o teu nome.
Necesito que a noite dos saloucos,
Rosalía,
pase a través da miña fiestra
e me permita roubar aqueles versos
case urxentes
que descubrín un día de miseria
no medio dun libro sen palabras.
Coma ti, Rosalía,
eu tamén fun
entrando n´a sombra,
Vin a noite que nunca s´acaba
N´a miña alma soya.
O ACTO CLAUSÚRASE COA PROXECCIÓN DUN VÍDEO DO POEMA DA AUTORA "TECÍN SOIA A MIÑA TEA" MUSICADO POR GUADI GALEGO