luns, 19 de decembro de 2022
AGASALLA UN CONTO!
mércores, 7 de decembro de 2022
COMER E FALAR TODO É COMEZAR
DITONGOS E HIATOS NOS ALIMENTOS
Os alumnos e as alumnas de 2º ESO-A realizan unha actividade encadrada no proxecto de Dinamización da Lingua Galega desde a materia de Lingua Galega e Literatura que consiste en explicar os ditongos e os hiatos ademais de coñecer o léxico dos nosos alimentos.
venres, 25 de novembro de 2022
"ALAS E ONDAS RENDIDAS E NACENDO" PARA CONMEMORAR O DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER
25-N DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES
xoves, 24 de novembro de 2022
VISITA DE SANTIAGO LOPO, AUTOR DE A ARTE DE TROBAR; "NON SEMPRE PODEN GAÑAR OS MALOS"
domingo, 20 de novembro de 2022
OS NOSOS E AS NOSAS ARTISTAS
Como o ourizo do poema de Manuel María, a rapazada do noso centro está moi leda e coas castañas na man anda moi reiseira.
sábado, 19 de novembro de 2022
POETAS DO MAGOSTO
O MAGOSTO
Co outono postochegou o magostopara coller castañassubirei ás montañas .Do frío de novembro
non me lembro,se como castañascocidas ou asadas.Castaña quentiña,
quéntame a cariña!Castañas bonitiñas,quéntademe as maíñas!
Claudia González Gómez
Alberto Crespo Freiría
O MAGOSTO
pequenas e marronciñas,
cociñadas con amor,
acabadas de sacar
que saborosas están!
Aos xogos do magosto
temos que xogar,
tradición e ilusión,
hai que gozar!
Alexandre Martínez Pires
a xogos populares imos aprender a xogar
e moitas castañas imos probar.
De cor cambiarán as follas co son do ar
e dentro dun anaco a súa beleza caerá.
Os nenos sairán fóra xogar
e as rúas silenciosas alegrarán.
Celia Rodríguez Seoane 1ºB
luns, 14 de novembro de 2022
xoves, 10 de novembro de 2022
mércores, 2 de novembro de 2022
Clara Prado, alumna de 1º BACH B, con motivo do Día das bibiotecas, escribe un emotivo relato:
QUE É PARA MIN UNHA BIBLIOTECA?
Creo que o meu primeiro libro mo regalaron nada máis nacer, "O libro do bebé", para rexistrar os momentos máis importantes do meu primeiro ano de vida, e viña cunha caixiña para gardar pequenos recordos.
Na casa, meus pais xa tiñan as súas respectivas minibibliotecas cos seus libros favoritos. A do meu pai ten a colección de libros de ciencia ficción de Isaac Asimov, Fundación. A colección da miña nai é máis eclética. Entre os seus libros preferidos está a saga Os fillos da terra de Jean M. Auel, pola que me houben chamar Ayla, como a súa protagonista. Está a serie Wilt de Tom Sharpe (escoitámola desde calquera parte da casa, cando o volve reler, ríndo ás gargalladas). Tamén pasou pola moda da novela erótica, Cincuenta sombras de Grey, e agora pasou ao libro electrónico.
Nos meus aniversarios sempre había un libro como de agasallo e, polo Nadal ou lle tocaba a Papá Noel ou aos Reis Magos traerme un libro.
Ao comezar na gardería había un espazo reservado para os libros infantís coas cores, as formas, sons de animais e, os que máis me chamaban a atención, os Pop-up, libros móbiles e despregábeis con sorpresas. Tranquilizábame moito sentar aí porque me lembraba a miña nai lendo no sofá da casa.
No meu colexio de primaria había unha biblioteca que, ao facer os nove anos, xa podías encargarte do préstamo de libros a resto de alumnos, facendo de bibliotecaria. Pasei o curso enteiro de 4º EP, non esaxero nin un pouquiño, sen pisar o patio do recreo, porque pasaba, literalmente, todos os recreos na biblioteca do centro.
Por suposto, teño o carné da Biblioteca Pública de Pontevedra, alí descubrín unha das miñas series favoritas infantís: a colección de Junie B. Jones. Todas as noites riamos miña nai mais eu lendo esas historias.
Tamén gocei das actividades que organizaba a biblioteca: sesións de contacontos, talleres de origami e o concurso de postais de Nadal.
No Salón do Libro no Pazo da Cultura non perdei a sinatura de exemplares por parte dos escritores e escritoras. Teño os libros de Escarlatina, a cociñeira defunta, asinados por Ledicia Costas e os libros de Os Megatoxos asinados por Anxo Fariña.
En 6º EP, cando nos levaron de visita ao IES Valle-Inclán, namoreime da súa biblioteca e nese momento decidín que sería o meu instituto, no canto do que teño preto da casa.
Coas bibliotecas da miña vida pódese ver o moito que significa para min, o moito moito que me transmiten; fanme sentir preto das persoas que quero. Transmítenme tranquilidade e son espazos máxicos que me transportan a mundos exóticos e a vivir experiencias cheas de misterio e terror. Proporciónanche a oportunidade de atopar aquel libro que cambie a túa vida, aquela frase que logre emocionarte, aquel texto que explique a natureza humana ou que faga que nos preguntemos polo universo infinito. Son as gardiás dos tesouros literarios que explican o mundo.
"Se preto da biblioteca tedes un xardín, xa non vos faltará de nada", dicía Cicerón.
martes, 25 de outubro de 2022
DÍA DAS BIBLIOTECAS
24 DE OUTUBRO
domingo, 17 de abril de 2022
DÍA INTERNACIONAL DA POESÍA
MULLERES GALEGAS PIONEIRAS